OS REIS MAGOS

Por se alguén non o tiña claro, déixovos un texto que recibín hai unha semana.

AGORA SI QUE NON TEÑO DÚBIDAS!!!

            Os Reis Magos son verdade !!!  
 
Apenas seu pai sentou ao chegar á casa, disposto a escoitala como todos os días o que a súa filla lle contaba das súas actividades no colexio, cando esta, en voz algo baixa, como con medo, lle dixo:
- Papa?
- Si, filla, cóntame.
- Oe papá, quero... que me digas a verdade.
- Claro, filla. Sempre cha digo -respondeu o pai un pouco sorprendido.
- É que... - balbuciu Iria.
- Dime, filla, dime.
- Papá, existen os Reis Magos?  

O pai de Iria quedou mudo, mirou á súa muller, intentando descubrir a orixe daquela pregunta, pero só puido ver un rostro tan sorprendido como o seu, que oe miraba igualmente.

- As nenas din que son os pais. É verdade?

A nova pregunta de Iria obrigouno a volver a mirada cara á nena e, tragando saliva díxolle:

- E ti que cres, filla?
- Eu non sei, papá: que si e que non. Por unha banda paréceme que si que existen porque ti non me enganas; pero, como as nenas din iso.
- Mira, filla, efectivamente son os pais os que poñen os agasallos pero...
- Entón é verdade? - cortou a nena cos ollos humedecidos-. Enganástesme!
- Non, mira, nunca te enganamos porque os Reis Magos si que existen -respondeu o pai collendo coas súas dúas mans a cara de Iria. 
- Entón non o entendo, papá.


- Senta, miña filla, e escoita esta historia que che vou contar porque xa chegou a hora de que poidas comprendela - dixo o pai, mentres sinalaba coa man o asento ao seu lado.
           
Iria sentou entre os seus pais ansiosa de escoitar calquera cousa que a sacase da súa dúbida, e seu pai dispúxose a narrar o que para el debeu de ser a verdadeira historia dos Reis Magos:
 
- Cando o Neno Xesús naceu, tres Reis, que viñan de Oriente guiados por unha gran estrela, achegáronse ao Portal para adoralo. Leváronlle agasallos en proba de amor e respecto, e o Neno púxose tan contento e parecía tan feliz que o máis ancián dos Reis, Melchor, dixo:
- É marabilloso ver tan feliz a un neno! Deberiamos levar agasallos a todos os nenos do mundo e ver o felices que serían.
- Oh, si! -exclamou Gaspar-. É unha boa idea, pero é moi difícil de facer. Non seremos capaces de poder levar agasallos a tantos millóns de nenos como hai no mundo.
Baltasar, o terceiro dos Reis, que estaba a escoitar os seus dous compañeiros con cara de alegría, comentou:
- É verdade que sería fantástico, pero Gaspar ten razón e, aínda que somos magos, xa somos anciáns e resultaríanos moi difícil poder percorrer o mundo enteiro entregando agasallos a todos os nenos. Pero sería tan bonito!
Os tres Reis puxéronse moi tristes ao pensar que non poderían realizar o seu desexo. E o Neno Xesús, que desde o seu pobre berce parecía escoitalos moi atento, sorriu e a voz de Deus escoitouse no Portal:
            - Sodes moi bos, queridos Reis Magos, e agradézovos os vosos agasallos. Vou axudarvos a realizar o voso fermoso desexo. Dicídeme: que necesitades para poder levar agasallos a todos os nenos?
            - Oh, Señor! - dixeron o tres Reis prostrándose de xeonllos. Necesitariamos millóns e millóns de paxes, case un para cada neno que puidesen levar ao mesmo tempo a cada casa os nosos agasallos, pero non podemos ter tantos paxes, non existen tantos.
            - Non vos preocupedes por iso - dixo Deus -. Eu vouvos a dar, non un senón dous paxes para cada neno que hai no mundo.
            - Sería fantástico! Pero, como é posible? -dixeron á vez o tres Reis Magos con cara de sorpresa e admiración.
            - Dicídeme, non é verdade que os paxes que vos gustaría ter deben querer moito aos nenos? -preguntou Deus.
- Si, claro, iso é fundamental - asistiron o tres Reis.
            - E, verdade que eses paxes deberían coñecer moi ben os desexos dos nenos?
            - Si, si. Iso é o que esixiriamos a un paxe -responderon cada vez máis entusiasmados os tres.
- Pois dicídeme, queridos Reis: hai alguén que queira máis aos nenos e os coñeza mellor que os seus propios pais?
            O tres Reis miráronse asentindo e empezando a comprender o que Deus estaba a planear, cando a voz de novo volveuse oír:
 - Posto que así o quixestes e para que en nome do Tres Reis Magos de Oriente todos os nenos do mundo reciban algúns agasallos, EU, ordeno que en Nadal, conmemorando estes momentos, todos os pais se convertan nos vosos paxes, e que no voso nome, e da vosa parte regalen aos seus fillos os agasallos que desexen. Tamén ordeno que, mentres os nenos sexan pequenos, a entrega de agasallos se faga coma se a fixesen os propios Reis Magos. Pero cando os nenos sexan suficientemente maiores para entender isto, os pais contaranlles esta historia e a partir de entón, en todo o Nadal, os nenos farán tamén agasallos aos seus pais en proba de agarimo. E, ao redor do Belén, lembrarán que grazas ao Tres Reis Magos, todos son máis felices.
 
Cando o pai de Iria terminou de contar esta historia, a nena levantouse e dando un bico aos seus pais díxolles:
 - Agora si que o entendo todo, papá. E estou moi contenta de saber que me queredes e que non me enganastes.
 
            E correndo, dirixiuse ao seu cuarto, regresando coa súa hucha na man mentres dicía:

- Non sei se terei bastante para comprarvos algún agasallo, pero para o ano que vén xa gardarei máis diñeiro.
 
E todos se abrazaron mentres, abofé, desde o Ceo, os Tres Reis Magos contemplaban a escena tremendamente satisfeitos.
  

Comentarios

Publicacións populares