Manda, Señor, o teu Espírito e renova a cara da terra - Salmo 103



OS REGALOS DO ESPÍRITO SANTO

Señor de todo regalo,
dálle ao teu pobo cristián,
para vencer nos seus traballos,
os dons do Espírito Santo.

Primeiro sabedoría
para saber comprender
na loita de cada día
o que nos cómpre facer.

Dános logo entendemento,
sen andar ensoberbiados,
dános ter coñecemento
entre tanto espelido.

Nas dúbidas desta vida
dános o don do consello,
para poder avanzar
con paso firme e certeiro.

A ciencia que vén de ti
sexa unha fiel compañeira,
para saber distinguir
quen oprime e quen libera.

Para nos facer valentes,
xentes todos dunha peza,
e así vencer covardías,
dános, Señor, fortaleza.

Danos o don da piedade
para ter corazón doído
do máis pobre e aflixido
e que así triúnfe a irmandade.

O teu temor con amor
estea sempre connosco,
poña entre nós claridade
a luz que vén do teu rostro 

Comentarios

Publicacións populares