Oración de Tódolos Santos




ACCIÓN DE GRAZAS POLOS SANTOS

Deus, noso Pai,
como nos sentimos contentos
ao nos poder presentar diante de ti
arroupados por tanta xente boa, santa!

Dámosche grazas por todos os santos,
dámosche grazas por toda a xente de boa vontade,
dámosche grazas polo anaco de bondade
que todos levamos dentro de nós.

Que o seu ímpeto nos invada a todos,
que a súa sinxeleza nos envolva,
que a súa transparencia nos ilumine,
que o seu servizo nos potencie,
que a súa xustiza nos cure de todo abuso.

Eles son o mellor testemuño
da túa presenza no medio de nós;
con eles ó noso lado
seremos capaces de andar día a día
polos camiños bos que levan á vida,
polos camiños que liberan os pobos e as persoas.

Cos santos todos
queremos ser tamén nós santos
para gloria túa
e para ben e felicidade da xente.












Comentarios

Publicacións populares