Déuseme todo poder no ceo e mais na terra - Mt 28, 16-20

Domingo Ascensión do Señor - ciclo A


FACEDE DISCÍPULOS MEUS

Facede discípulos meus,
facede discípulos e non mestres,
facede aprendices e non sabios,
facede camiñantes e non xente que estea xa na meta.

Facede crentes e non xente crida,
facede buscadores e non pedantes,
facede inquedos e non satisfeitos,
facede esmoleiros e non xente de abundancias.

Facede xente que pregunta
e non amos de certezas,
facede creadores e non repetidores preguiceiros,
facede amigos da luz, das claridades,
e non fuxitivos cando risca o día.

Facede poetas e non calculadores,
facede xentes de soñas e memorias
e non xente de mapa e agulla,
como dicía o nasa irmán Cunqueiro.

Facede discípulos meus,
para que gocen convosco e vós con eles
no adra humilde e ledo
da fraternidade total da casa do Pai.

Facede discípulos meus,
eu estou sempre convosco. 


Comentarios

Publicacións populares