Mándame que vaia onda ti, camiñando pola auga - Mt 14, 22-33

Domingo 19 de ordinario - ciclo A


TEMOS MEDOS

Temos medos, Señor,
temos medos e non os podemos evitar.

Temos medo
a que unha enfermidade mala ou longa
nos aflixa e a non poder aturala.

Temos medo
á inseguridade laboral e económica
e a non poder saír adiante.

Ternos medo
a morrer antes tempo, de accidente,
sen ter gozado ben da vida.

Ternos medo
a non acertar nas cousas da vida
e non andar por camiños da paz persoal e familiar.

Ternos medo
a quedar sós na vida, vellos ou novos,
sen compaña, sen agarimo, sen atencións.

Temos medo
a non ser autenticamente felices,
sendo que ti nos creaches para a felicidade.

Ternos medo
a andar lonxe de ti na vida e perdernos
estragando o teu amor e fidelidade.

Temos medos, Señor,
temos tantos medos!

Quen nos dese bater contigo
na encrucillada da vida,
na fondura do propio corazón,
e escoitar esas palabras limpas e curadoras:

Tranquilos, que son eu!” 

Comentarios

Publicacións populares