Non esquezade-las obras do Señor - Salmo 77

Exaltación da Santa Cruz A



VENCICHES, CRUZ, 
NO CALVARIO 

Venciches, Cruz, no Calvario,
fuches ara refulxente
onde Cristo foi o año
e foi tamén oferente.

Ti sostiveches, Cruz Santa,
o noso Cristo agoniante,
por iso a Igrexa che canta
hoxe o seu himno triunfante.

Os homes non coñecían
que quen morría na Cruz
era a Vida que vencía
as tebras coa súa Luz.

Venciches, Cruz, no Calvario
fuches ara refulxente,
onde Cristo foi o año
e foi tamén oferente.



Comentarios

Publicacións populares