Arreondou a viña a outros labradores - Mt 21. 35-45

Domingo 27 de Ordinario - ciclo A


COAS PRIMEIRAS LUZADAS DO DÍA

Coas primeiras luzadas do día,
sae o Pai na procura da xente,
que traballe con xeito na viña,
que lle faga render á semente.

É o Señor o que conta connosco
e confiado nos dá a facenda,
pois espera no amor que nos move
e no esforzo tenaz que El alenta.

Ao remate do día teremos
un completo, abundante salario,
que cal Deus, pagador non hai outro,
sorprendente no don regalado.

Nesta hora deamos loanzas
celebrando ao que é Deus Un e Trino
e o traballo nos faga parceiros
co labor creador do Deus vivo.
                                               


                                                                     Do Diurnal 



Comentarios

Publicacións populares