ORACIÓN DE ADVENTO


ORACIÓN DE ADVENTO

Hora é xa de esperanzas e de esperas
e imos crer en utopías.
Xa abonda de sumar melancolías
e engadir fixacións lastimeiras.

Converter o inverno na primavera
e transformar a noite en pleno día
pór nas tristezas alegrías,
facer do amor única bandeira.

É o tempo gozoso do Advento,
presaxios e noticias orquestradas,
as promesas cargadas de vitoria.

A nosa terra sentiu estremecemento,
a muller, toda luz, embarazada,
e un Deus que vai nacer na nosa historia.



Comentarios

Publicacións populares