Novidades na web XANOSTESAQUI

Lembro a primeira vez que intentei atopar as Lecturas en galego na rede, practicamente imposible ata que atopei o blogue Pastoral dos Santos, tristemente desaparecido.

Como supoño que haberá xente que, coma min, non dá atopado as lecturas que necesita, irei subindo á web -coa que este blogue está conectado- todas ou case todas as lecturas das que dispoño. Como é bastante traballiño -moitas horas de estar sentada diante do ordenador-, prégovos teñades paciencia mentres vou subindo ós poucos. 

Xa sabedes que cumplo... lento... pero seguro.

Comentarios

  1. Carlos Platas Seixas20/8/15

    Preguntoume unha catequista por páxinas coa Palabra de Deus da liturxia (dominical e de tódolos demais días) e deille esta páxina e a da Conferencia Episcopal que ten os leccionarios dominicais en varios idiomas.
    Graciñas, xa que logo, por tanto traballo.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas, carlos, eu envieilles á Conferencia Episcopal as que lles faltaban, pero non tiven resposta nin as subiron, si que as tes completas na web: http://xanostesaqui.webnode.es/lecturas-da-misa/. En Encrucillada tamén teñen un montón, pero están un pouco complicadas de atopar...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas. Perdón polo retraso, esquecín este comentario que fixera por un encargo feito. Logo descubrín estoutra ligazón que me dás sen ver antes este comentario teu. Volvo felicitarte pola Santa. Unha aperta...

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares