NOVO TESTAMENTO EN FORMATO DIXITAL

Hai uns días comunicouse comigo un usuario da web da Biblia galega para comunicarme que estaba preparando o formato dixital do Novo Testamento para móbiles, tablets e Ipads... CASE NON O PODÍA CRER!!

Estas son as alegrías que, por non esperadas, se reciben con doble satisfacción. Todo o traballo é desinteresado e reclama axuda para continuar o labor... inda queda o Antigo Testamento!! Se alguén quere colaborar, para continuar a tarefa só ten que contactar comigo e eu poñerino en contacto coa persoa que organizou todo este traballo. Animo sobre todo á xuventude (ós futuros cregos especialmente) a participar neste proxecto tan emocionante e actual.

Graciñas a José Antonio e a todos os que colaboraron con el neste agasallo para tódolos galegos... e non galegos (non sabedes as comunicacións que recibín desde fóra de Galicia para facer estudios comparativos ou conectar co resto do mundo a Palabra na nosa lingua).

Déixovos coa ligazón para que o descarguedes e tamén cunhas palabra do director do proxecto:



Comentarios

  1. Sen revisalo, xa vos felicito. Haberá que usalo e pedir unha traducción renovada en galego, se os especialistas se poñen a elo, dende os textos orixinais.

    BRAVO.

    ResponderEliminar
  2. Xa está tamén, Félix, os textos en galego se traduciron directamente dos textos orixinais (nótase ben) e a tradución é moito mellor que impecable, o mesmo que a liturxia en galego, moito máis actualizada e sentida. Actualmente a revisión só é para adaptalos á nova normativa do galego, o resto xa estaba feito... e moi requetebén, por certo...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares