Aquí me tes, mándame - Is 6, 1-2a. 3-8

Domingo 5 do Tpo. Ordinario - ciclo C


OFRECEMENTO A XESÚS

Se ti me queres, Xesús,
conta comigo.
Estou disposto a seguirte
en todas as túas ansias e traballos.

Á hora de falar,
de converter a palabra en fonte de animación,
conta comigo,
e conta coa miña pequena palabra.
Póñoa á túa disposición
e á disposición do ben dos pobre e pequenos.

Á hora de traballar,
de arrimar o lombo con outros compañeiros,
para que as cousas boas da comunidade medren,
conta tamén comigo
e co meu esforzo todo.
Póñoo á túa disposición
e á disposición da irmandade no pobo.

Son pouca cousa, Xesús, ben o sabes,
son escaso en palabras, en feitos e en bondades,
pero no que sei, vallo e podo,
aquí estou, Xesús,
conta sempre comigo.





Comentarios

Publicacións populares