Mirarán a quen crucificaron - Zac 12, 10-11; 13, 1

Domingo 12 do Tpo. Ordinario - ciclo C




NO NOME DE XESÚS

Que o teu nome, Xesús,
ilumine cada día o meu propio nome.

Que a túa vida toda
dea sentido aos anacos rotos da miña vida.

Que en ti, Xesús,
dócil e obediente ata a fin ao Pai,
aprenda eu a miña identidade.

Que en ti, Xesús,
dócil e obediente aos débiles por amor,
reencontre cada día o meu camiño.

Que no teu sufrimento e na túa cruz
descubra o valor das miñas cruces todas.

Que coma ti padeciches polos pobres contra o poder,
así tamén eu padeza hoxe na loita pola túa xustiza.

Que faga da túa causa a miña causa,
da túa cruz, a miña cruz,
do teu éxito, o meu éxito.

Que en todo momento te atope en min
rezador, vivo e loitador,
para gloria do Pai e proveito meu e dos pobres.






Comentarios

Publicacións populares