PAI DE MISERICORDIA


Pai de misericordia,
que entregaches o teu Fillo
pola nosa salvación
e termas de nós continuamente
cos dons do teu Espírito,
concédenos comunidades cristiás
vivas, fervorosas e alegres,
que sexan fontes de vida fraterna
e que esperten entre os mozos
o desexo de consagrarse a Ti
e á evanxelización.

Renóvanos no empeño
de propoñer aos mozos
unha axeitada catequese vocacional
e camiños de especial consagración.

Dálles sabedoría
para o necesario discernimento
das vocacións, de modo que en todo brille
a grandeza do teu amor misericordioso.

Que María,
Nai e educadora de Xesús,
interceda por cada unha
das comunidades cristiás,
para que, feitas fecundas
polo Espírito Santo,
sexan fonte de auténticas vocacións
ao servizo do pobo santo de Deus.


Papa  Francisco

Comentarios

Publicacións populares