Eu son o pan vivo que baixou do ceo - Xn 6, 41-51

Domingo 19 - ciclo B



XESÚS NA VIDA

Xesús esperto na noite clara,
Xesús velando na madrugada.
Xesús rezando na anoitecida,
Xesús loitando no mar bravío.

Xesús poñendo a vida en Deus.
Xesús facendo paz para os seus.
Xesús metido na cruz da vida,
Xesús na barca no mar batida.

Xesús e a xente, xente e Xesús.
Xesús e a xente levando a cruz.
Xesús chamando ao máis difícil,
Xesús retando ó imposible.

Xesús quitando medos da alma.
Xesús poñendo o mar en calma.
Xesús brindando á xente fe,
Xesús loitando, facendo pé.

Xesús na loita, Xesús na vida.
Xesús na noite, Xesús no día.  


Comentarios

Publicacións populares