22 may. 2014

Ficha e Lectio - Domingo 6 Pascua A





LECTIO :

   Xesús vaise. Xesús volve ao Pai. Unha atmosfera de últimas vontades, de testamento, percorre o texto. E entre elas destaca unha: Gardade os meus mandamentos. Con ela ábrese e péchase o texto de hoxe.

  O Señor só pide aos discípulos que garden as súas palabras, que acepten e garden os seus mandamentos. Que non se limiten a escoitar nin sexan olvidadizos ou inconstantes. A súa palabra é unha semente que, se lla acolle, pode dar moito froito.

   Cando Xesús fala destas cousas aos seus discípulos, a súa palabra aínda non estaba escrita. Xesús quere que a escriban no seu interior, que a garden na mente e no corazón, que a fagan vida. Vivide o que vos dixen, o que vos mandei, o que vos pedín. E o que Xesús dixo e mandou non é tan difícil de aprender e lembrar. Todo o que Xesús dixo pódese resumir en poucas palabras, quizá nunha: amade, amádevos, como eu; sede testemuñas do amor, da misericordia, da xenerosidade; sabede que Deus é Pai -Abba-, é Amor; deixádevos amar e estendede este amor.

   Como eu, que vos amei ata a fin.

   Deica pouco o mundo non me verá. O mundo vai crer que Xesús acaba na cruz. Vós, en cambio, verédesme. O discípulo sabe que Xesús non acaba na cruz. Entón, nese día, a esa hora; é a fórmula tradicional para designar o tempo da intervención final de Deus. Entón, nese día, nesa hora, na cruz, vai irromper a vida definitiva de Xesús. Nesta vida vive o discípulo, grazas ao Espírito que esta en el.

   Eu pedireille ao Pai que vos dea outro defensor, que estea sempre convosco, o Espírito da verdade. Nunca os cristiáns sentíronse orfos. O baleiro deixado pola morte de Xesús foi enchido pola presenza viva do Espírito do resucitado. Este Espírito do Señor enche a vida do crente. O Espírito da verdade que vive connosco, está en nós e ensínanos a arte de vivir na verdade.

   O que configura a vida dun verdadeiro crente é a procura gozosa da verdade de Deus baixo o impulso do Espírito. O crente, cando vive esta experiencia do Espírito, descobre que ser cristián é deixarse guiar polo amor creador do Espírito que vive en nós e fainos vivir cunha espontaneidade que nace non do noso egoísmo senón do amor.

   Non vos vou a deixar desamparados; vóunosvos a deixar desamparados... enviareivos o meu Espírito. Esta promesa tamén é para nós os cristiáns do século XXI.


VER TAMÉN :

No hay comentarios:

Publicar un comentario