A19. Amósanos, Señor, a túa misericordia e dános a túa salvación - Salmo 84

Domingo 19 de ordinario - ciclo A


NO CAMIÑO DE XESÚS

Os discípulos de Xesús non podemos enganarnos.
Se seguimos os seus pasos,
os que o perseguiron a El
tamén nos han perseguir a nós.

Se loitamos contra das forzas da mentira,
da inxustiza e da opresión,
poñéndonos de parte dos máis débiles,
dos pobres e dos oprimidos,
teremos que compartir tamén o desprestixio,
a marxinación, a persecución e quizais a morte.

Pero nós, temos sempre confianza
na PALABRA do SEÑOR.

                                                                  (A Igrexa e os pobres)



Comentarios

Publicacións populares