14 may. 2017

Escolleron sete varóns cheos do Espírito Santo - Feit 6, 1-7

Domingo 5 de Pascua - ciclo A


EN CAMIÑO

Aínda que estea cheo de fochancas e pedras
e teña infinidade de curvas,
aínda que vaia por outeiros e vales
e sexan frecuentes as pendentes,
aínda que sexa estreito e sen céspede,
unhas veces poeirento e outras cheo de  lameiros,
por el vou seguindo as túas pegadas,
soñando utopías, buscando sombras,
arelando metas, gozando a experiencia.

E ti, que vas por diante,
revélasteme e ofreces cada día
como Camiño, Verdade e Vida.

Florentino Ulibarri


No hay comentarios:

Publicar un comentario