15 may. 2017

Vós sodes raza escollida, sacerdocio de reis - 1 Pe 2, 4-9

Domingo 5 de Pascua - ciclo A



VIVIR É COMPARTIR

Vivir é compartir; relacionarse e cooperar.
Vivir é compartir, comunicar, comungar uns cos outros.
Vivir é superarse, dar froito, crear.
Vivir é arelar, dar a vida día a día.

Vivir é ser amado e amar:
"Son amado, logo existo".
Hai algo que vale máis cá vida,
como a fe, a liberdade, o amor,
a verdade, a xustiza, a paz...

Por estas cousas ou por persoas,
sempre por Deus, pódese dar a vida.
Porque vivir é saber dicir a quen temos ao lado:
grazas irmán, grazas irmá.


No hay comentarios:

Publicar un comentario