8 claves para entender Pentecoste

REDACCIÓN CENTRAL, 03 Xuño 17 / 04:23 pm (ACI)

Este domingo a Igrexa celebra a Festa de Pentecoste, día en que se cumpriu a promesa de Cristo aos apóstolos, de que o Pai enviaría ao Espírito Santo para guialos na misión evanxelizadora. Para comprender máis desta data, aquí presentamos 8 claves:


1) Que significa o nome Pentecostés?

Provén da palabra grega que significa "quincuaxésimo" (pentecoste). A razón é que Pentecostés é o quincuaxésimo día (en grego, pentecoste hemera) despois do Domingo de Pascua (no calendario cristián).

Este nome empezouse a usar no período tardío do Antigo Testamento e foi herdado polos autores do Novo Testamento.


2) Que outros nomes ten esta festividade?

A festa das semanas

A festa da colleita

O día dos primeiros froitos

Hoxe en día nos círculos xudeus coñéceselle como Shavu`ot (en hebreo, "semanas"). Ademais, coñéceselle con diferentes nomes en varios idiomas.

Nos países de fala inglesa tamén se lle coñeceu como "Whitsunday" (Domingo Branco), nome que se deriva probablemente das pezas brancas dos recentemente bautizados.


3. Que clase de festa foi Pentecoste no Antigo Testamento?

Foi un festival para a colleita e significaba que esta estaba a chegar ao seu fin. Deuteronomio 16 di:

"Logo contarás sete semanas; contaralas desde o día en que comeces a cortar o trigo. Entón celebrarás a festa do Sete Semanas a Yahvé, o teu Deus, facéndolle ofrendas voluntarias segundo o que cultivases pola graza de Yahvé, o teu Deus". (Dt. 16:9-10)


4. Que representa Pentecoste no Novo Testamento?

Representa o cumprimento da promesa de Cristo ao final do Evanxeo de San Lucas:

"E engadiu: "Así está escrito: o Mesías padecerá e resucitará de entre os mortos no terceiro día, e predicarase no seu nome a conversión e mais o perdón dos pecados a todos os pobos, empezando por Xerusalén. Vós seredes testemuñas de todo isto. E eu heivos mandar o don prometido por meu Pai. Mentres tanto seguide na cidade, ata que se vos revista co poder que vén de arriba". " (Lc. 24:46-49)


5. Como é simbolizado o Espírito Santo nos eventos do día de Pentecoste?

Feitos 2 lembra:

"Cando se cumpriron os días de Pentecoste, estaban todos xuntos no mesmo sitio. De súpeto, veu do ceo un ruído coma dun forte golpe de vento, que encheu toda a casa onde estaban; e apareceron talmente coma linguas de lume, que, repartidas, foron pousando unha sobre cada un deles. Quedaron cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar noutras linguas, conforme lles concedía o Espírito".

Esta pasaxe contén dous símbolos do Espírito Santo e a súa actividade: o vento e o lume.
O vento é un símbolo básico do Espírito Santo; a palabra grega que significa "Espírito" (Pneuma) tamén significa "vento" e "alento". Aínda que o termo usado para "vento" nesta pasaxe é pnoe (un termo relacionado con pneuma), ao lector dáselle a entender a conexión entre o vento forte e o Espírito Santo.

En relación ao símbolo do lume o Catecismo sinala:
Mentres que a auga significaba o nacemento e a fecundidade da vida dada no Espírito Santo, o lume simboliza a enerxía transformadora dos actos do Espírito Santo. O profeta Elías que "xurdiu [...] como o lume e cuxa palabra abrasaba como facho" (Si 48, 1), coa súa oración, atraeu o lume do ceo sobre o sacrificio do monte Carmelo (cf. 1 R 18, 38-39), figura do lume do Espírito Santo que transforma o que toca. Xoán Bautista, "que precede ao Señor co espírito e o poder de Elías" (Lc 1, 17), anuncia a Cristo como o que "bautizará no Espírito Santo e o lume" (Lc 3, 16), Espírito do cal Xesús dirá: "Vin a traer lume sobre a terra e canto desexaría que xa estivese aceso!" (Lc 12, 49). En forma de linguas "como de lume" pousouse o Espírito Santo sobre os discípulos a mañá de Pentecoste e encheunos del (Ftos 2, 3-4). A tradición espiritual conservará este simbolismo do lume como un dos máis expresivos da acción do Espírito Santo (cf. San Xoán da Cruz, Chama de amor viva). "Non extingades o Espírito" (1 Ts 5, 19). (CIC 696)


6. Hai unha conexión entre as "linguas" de lume e o falar noutras "linguas" nesta pasaxe?

Si. En ambos os casos a palabra grega para "linguas" é a mesma (glossai), e o lector está destinado a entender a conexión.

A palabra "lingua" utilízase para significar tanto unha "chama (lume)" como "linguaxe".

As "linguas como de lume" que se distribúen e almacénanse sobre os discípulos, provocan que empecen a falar milagrosamente en "outras linguas" (é dicir, os idiomas)

Ese é o resultado da acción do Espírito Santo, representado polo lume.


7. Quen é o Espírito Santo?

Segundo o Catecismo da Igrexa católica, o Espírito Santo é a "Terceira Persoa da Santísima Trindade". É dicir, habendo un só Deus, existen nel tres persoas distintas: Pai, Fillo e Espírito Santo. Esta verdade foi revelada por Xesús no seu Evanxeo.

O Espírito Santo coopera co Pai e o Fillo desde o comezo da historia ata a súa consumación, pero é nos últimos tempos, inaugurados coa Encarnación, cando o Espírito se revela e énos dado, cando é recoñecido e acollido como persoa. O Señor Xesús preséntanolo e refírese a El non como unha potencia impersonal, senón como unha Persoa diferente, cun obrar propio e un carácter persoal.


8. Que significa a festa de Pentecostés para nós?

A solemnidade de Pentecostés é unha das máis importantes no calendario da Igrexa e contén unha rica profundidade de significado. Desta forma resumiuno Bieito XVI o 27 de maio do 2012:

"Esta solemnidade fainos lembrar e revivir a efusión do Espírito Santo sobre os Apóstolos e os demais discípulos, reunidos en oración coa Virxe María no Cenáculo (cf. Ftos 2, 1-11). Xesús, despois de resucitar e subir ao ceo, envía á Igrexa o seu Espírito para que cada cristián poida participar no seu mesma vida divina e convértase na súa testemuña no mundo. O Espírito Santo, irrompendo na historia, derrota a súa aridez, abre os corazóns á esperanza, estimula e favorece en nós a maduración interior na relación con Deus e co próximo".

Traducido por e adaptado por Diego López Mariña. 
Publicado orixinalmente en National Catholic Register.




Comentarios

Publicacións populares