Moitos formamos un único pan, un só corpo - 1 Cor 10, 16-17

Corpus Christi - ciclo A


ESTE É O MEU CORPO,
ESTE É O MEU SANGUE

Este é o meu corpo.  
O meu corpo triunfante nos vosos corpos gloriosos.
O meu corpo maltratado nos voso corpos torturados.
O meu corpo vigoroso nos vosos corpos louzáns
O meu corpo deteriorado no vosos corpos achacosos
Este é o meu corpo.  

Este é o meu sangue.  
O meu sangue brioso no voso sangue vehemente.
O meu sangue vertido no voso sangue derramado.
O meu sangue vivificante no voso sangue renovado.
O meu sangue ofendido no voso sangue desprezado.
Este é o meu sangue.  

O meu corpo é pan: unha fogaza de pan bendito.
Un corpo de fariña doutro saco.

O meu sangue é viño: un sangue escanciado
como viño xeneroso. Reserva especial.

Ese é o meu corpo. Ese é o meu sangue.


Comentarios

Publicacións populares