Domingo 16 de Ordinario A

Resultado de imaxes para domingo 16 ciclo a

PRIMEIRA Sab 12, 13. 16-19
Impós penitencia sobre os pecados
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA SABEDORÍA

 13Non hai, fóra de ti, un Deus que se considere de tódalas cousas,
a quen tiveses que probar que non xulgaches inxustamente;
16Xa que o teu poder é a fonte da xustiza,
e seres ti o dono de todo lévate a amosarte indulxente.
17Só fas proba da túa forza cando non se dá creto á totalidade dese poder confundindo a
audacia dos que o coñecen;
18así, dominando a túa forza, xulgas con equilibrio
gobernándonos con toda consideración,
pois na man te-lo poderío cando queres.
19Con feitos semellantes ensinaches ó teu pobo
que ó xusto lle cómpre ser humano;
e a teus fillos décheslle-la ditosa esperanza
de concederlles despois dos pecados tempo de se arrepentir.


SALMO RESPONSORIAL Sal 85, 5-6. 9-10. 15-16a
R/ (5a): Ti, Señor, es bo e indulxente,

5Ti, Señor, es bo e indulxente,
cheo de amor para aqueles que te invocan.
6Escoita, Señor, a miña súplica,
atende a miña pregaria.

9Os pobos todos que fixeches
virán, Señor, adorarte,
honra-lo teu nome.
10Ti es grande e fas prodixios,
ti e-lo único Deus.

15Pero ti, Señor, es Deus compasivo e clemente,
tardo á ira, grande en amor e lealdade.
16Mira para min, apiádate


SEGUNDA Rm 8, 26-27
O Espírito en persoa intercede por nós con xemidos máis fondos cás palabras
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA DA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns e irmás:
26O Espírito acode a axuda-la nosa debilidade. Nós non sabemos como debemos orar para
pedi-lo que convén; pero o Espírito en persoa intercede por nós con xemidos máis fondos
cás palabras. 27E o Deus que escruta os corazóns, coñece a intención do Espírito, pois El
intercede polos crentes, conforme á vontade de Deus.



ALELUIA Cf Mt 11, 25:
Bendito es ti, Pai, Señor do ceo e mais da terra,
porque lle revelaches ós pequenos os misterios do Reino


EVANXEO Mt 13, 24-43 (longa)
Deixade que as dúas medren ata a seitura
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 24Contoulles Xesús outra parábola:
-Parécese o Reino dos Ceos a un home que sementou boa semente na súa leira. 25Pero
mentres todos durmían, o seu inimigo veu sementar xoio polo medio do trigo e marchou.
26Cando espigou a planta e deu trigo, apareceu o xoio tamén.

27Os criados do dono fóronlle dicir: "Señor, ¿ti non sementaras boa semente na túa leira?
¿De onde lle vén, logo, o xoio?" 28El contestoulles: "Isto é obra dun inimigo".

Os criados preguntáronlle: "¿Queres que o vaiamos arrincar?" 29El respondeulles: "Non,
non sexa que ó collérde-lo xoio arrinquedes tamén o trigo. 30Deixádeos medrar xuntos
deica a sega, que no tempo da sega heilles dicir ós segadores: Apañade primeiro o xoio, e
atádeo en móllos para queimalo; e o trigo recollédeo na miña arca".

31E contoulles outra parábola:
-O Reino dos Ceos é semellante a un gran de mostaza que un home sementou na súa horta.
32A mostaza vén sendo a máis pequerrecha de tódalas sementes; pero cando medra chega
a ser meirande ca tódalas hortalizas, converténdose nunha árbore; de tal xeito, que mesmo
os paxaros veñen face-lo niño nas súas ponlas.

33Díxolles outra parábola:
-O Reino dos Ceos é semellante ó fermento que unha muller amasou en tres medidas de
fariña ata que todo levedou.

34Todo isto lle falou Xesús en parábolas á xente, e nada lle falaba que non fose por medio
de parábolas. 35De xeito que se cumprise o que dixera o profeta:
Abrirei a miña boca para dicir parábolas,
proclamarei cousas escondidas desde que o mundo é mundo.

36Entón, deixando á xente, foise para a casa. Achegáronselle os seus discípulos e
pedíronlle:
-Explícano-la parábola do xoio na leira.

37El respondeu:
-O que sementa a boa semente é o Fillo do Home; 38a leira é o mundo; a boa semente son
os fillos do Reino; o xoio son os fillos do Malo. 39O inimigo que a sementa é o Satán; a
sega é a fin do mundo e os segadores son os anxos. 40E así como se entrecolle o xoio e se
bota no lume, así pasará na fin do mundo. 41Mandará o Fillo do Home os seus anxos, e
quitarán do seu Reino tódolos escándalos e a tódolos que fan o mal; 42e botaranos no
forno do lume, onde será o pranto e o renxer dos dentes. 43Entón, os xustos resplandecerán
coma o sol no Reino de seu Pai. Quen teña oídos que escoite.



Ou: 24-30 (máis breve):

24Contoulles Xesús outra parábola:
-Parécese o Reino dos Ceos a un home que sementou boa semente na súa leira. 25Pero
mentres todos durmían, o seu inimigo veu sementar xoio polo medio do trigo e marchou.
26Cando espigou a planta e deu trigo, apareceu o xoio tamén.

27Os criados do dono fóronlle dicir: "Señor, ¿ti non sementaras boa semente na túa leira?
¿De onde lle vén, logo, o xoio?" 28El contestoulles: "Isto é obra dun inimigo".

Os criados preguntáronlle: "¿Queres que o vaiamos arrincar?" 29El respondeulles: "Non,
non sexa que ó collérde-lo xoio arrinquedes tamén o trigo. 30Deixádeos medrar xuntos
deica a sega, que no tempo da sega heilles dicir ós segadores: Apañade primeiro o xoio, e
atádeo en móllos para queimalo; e o trigo recollédeo na miña arca". 






ENTRADA: 
LECTURAS: 
OFERTORIO: 
Na nosa terra
COMUÑÓN: 

Comentarios

Publicacións populares