Domingo 21 de Ordinario A


PRIMEIRA Is 22, 19-23
Porei a chave da casa de David sobre o seu ombreiro
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

 Dille o Señor a Sobne responsable do templo:
19Chimpareite do teu posto encumiado,
botareite abaixo do teu pedestal.
20Sucederá no día aquel, que chamarei ó meu servo, Eliaquim, fillo de Hilquías.
21Farei que vista a túa túnica, e fortalecereino co teu cinguidor
e porei na súa man o teu posto de mando:
será un pai para os habitantes de Xerusalén e para a casa de Xudá.
22Porei a chave da casa de David sobre o seu ombreiro:
abrirá, e non haberá quen feche; e fechará, e non haberá quen abra.
23Cravarei a caravilla da súa tenda nun lugar seguro,
e será trono de gloria para a casa de seu pai.



SALMO RESPONSORIAL Sal 137, 1-2a. 2bc-3. 6 e 8bc
R/ (8bc): O teu amor, Señor, é eterno;
non abandóne-las obras das túas mans.

 Douche as gracias, Señor, de todo corazón,
cántoche diante dos anxos;
2póstrome cara ó teu templo
e bendigo o teu nome,
polo teu amor e a túa fidelidade.

Mesmo máis grande cá túa sona
fixéche-la túa promesa.
3Cando te chamo, ti respóndesme
e acrecénta-las miñas forzas.

6Abofé, o Señor é excelso:
pon a súa atención nos humildes
e coñece os soberbios desde lonxe.
O teu amor, Señor, é eterno;
non abandóne-las obras das túas mans.

  

SEGUNDA Rm 11, 33-36
Del, por el e para el se fan tódalas cousas
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

33¡Que fondos son a riqueza, a sabedoría e o coñecemento de Deus! ¡Que inescrutables  son os seus xuízos e inexplorables os seus camiños! 34Pois ¿quen coñeceu a mente doSeñor? Ou ¿quen foi o seu conselleiro? 35¿Quen lle emprestou algo, para que El llo teña que devolver? 36Del saíron, por El e para El existen tódalas cousas. A El a gloria polos séculos. Amén.



ALELUIA Mt 16,18:
Ti es Pedro,
e sobre esta pedra edificarei a miña Igrexa,
e as forzas do inferno non prevalecerán contra ela



EVANXEO Mt 16, 13-20
Ti es Pedro e a ti che darei as chaves do reino dos ceos
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

13Cando chegou á comarca de Cesarea de Filipo preguntoulles Xesús ós seus discípulos:
-¿Quen di a xente que é o Fillo do Home?

14Eles responderon:
-Uns, que Xoán Bautista; outros, que Elías; outros, que Xeremías ou algún dos profetas.

15Insistiu:
-E vós, ¿quen dicides que son?

16Respondeu Simón Pedro:
-Ti e-lo Mesías, o Fillo do Deus vivo.

17E Xesús contestoulle:
-Ditoso ti, Simón, fillo de Xonás; porque iso non cho revelou ninguén de carne e sangue, senón meu Pai que está no ceo. 18E eu asegúroche que ti es Pedro, a pedra; e sobre esta pedra vou edifica-la miña Igrexa; e as portas do Inferno non prevalecerán en contra dela. 19Dareiche as chaves do Reino dos Ceos: todo o que ates na terra, ficará atado nos ceos; e todo o que desates na terra, ficará desatado nos ceos.

20E mandoulles ós discípulos que non dixesen nada de que el era o Mesías.



ENTRADA: 
LECTURAS: 
A túa Palabra 
OFERTORIO: 
COMUÑÓN: 




Comentarios

Publicacións populares