6 ago. 2017

Esta voz escoitámola desde o ceo - 2 Pe 1, 16-19

Festa da Transfiguración do Señor - ciclo A



A PALABRA 
DA MIÑA VOZ

Ti, Señor, es
máis grande que os nosos desmedidos proxectos,
máis alegre que as nosas festas buliciosas,
máis profundo que nosas sutís miradas,
máis tenro que as nosas caricias escondidas,
máis claro que a nosa intimidade rota,
máis saboroso que os nosos bicos tenros,
máis firme que as nosas corazas blindadas,
máis próximo que os nosos susurros de noite,
máis íntimo que as nosas glándulas íntimas,
máis libre que as nosas protestas vivas,
máis insidioso que os nosos sabios saberes,
máis soñador que as nosas utopías tolas...

Ti, Señor, es a palabra da miña voz,
e eu un pequeno pregoeiro que canta
e vive á túa sombra.

Florentino Ulibarri


No hay comentarios:

Publicar un comentario