Perdoa ó próximo que che fai dano e concederáseche o perdón que pides - Eclo 27, 33 - 28, 9

Domingo 24 do Tpo. Ordinario - ciclo A


SE NON PERDOAS 
DE CORAZÓN

Sabíalo?
Estás en débeda con Deus!
En débeda con Deus!

Cantas veces terías necesidade
de pedir perdón,
de vender a túa vida toda,
para poder saldar
a túa con Deus!

Cantos pobres maltratados,
cantas promesas esquecidas,
canto sexo malgastado,
cantas verbas maldicidas,
cantos fillos desnortados,
cantas persoas feridas,
cantos plans arrecantados,
canta mellora esquecida,
canto partido ignorado
e canta Terra ofendida!

Canto apoio aos poderosos,
canto recurso aos enchufes,
canto egoísmo amasado,
canta palla en tanto lume!

Sabíalo?
Estás cuberto polo perdón de Deus!
Polo perdón de Deus!

Cada mañá
Deus borra a túa conta
por grande que sexa,
e ofréceche unha nova oportunidade,
sen nunca cansar,
sen nunca dicir:
Con este non hai nada que facer”.

Aprende a andar humildemente,
co perdón nas mans sempre disposto,
e o recordo a punto e aguzado
das veces que fuches perdoado.


Comentarios

Publicacións populares