Deus levará consigo, por medio de Cristo, os que morreron - 1 Tes 4, 13-18

Domingo 32 do Tpo. Ordinario - ciclo A


ESPERA NO SEÑOR
Cando vexas escuro o teu  camiño
e non teñas apoio ao teu redor;
cando sintas incerto o teu destino,
espera no Señor.


Cando sopran con forza os trebóns
e brúe contra ti a tempestade,
e te rodeen espesos nubeiros,
espera na súa bondade.


O universo enteiro está na súa man,
todo obedece a súa potente voz;
El, de ceos e terra é soberano.
Espera no Señor.


(Confianza.            Manuel Araújo)  

Comentarios

Publicacións populares