Queriamos entregarvos non só o Evanxeo de Deus, senón tamén a nosa vida - 1 Tes 2, 7b-9. 13

Domingo 31 do Tpo. Ordinario - ciclo A


A RELIXIOSIDADE COTIÁ

Cando metemos a man nunha almofía de auga,
cando atizamos o lume cun fol de bambú,
cando aliñamos interminables columnas
de cifras na oficina do contable,
cando o sol nos queima e estamos somerxidos
na lama dos arrozais.

Cando estamos de pé ante o forno do fundidor,
se non realizamos daquela xustamente
a mesma vida relixiosa que se estivésemos
en oración nun mosteiro,
o mundo nunca será salvo. 

Gandhi



Comentarios

Publicacións populares