9 feb. 2018

Abarrotaranme as dores ata o solpor - Xob 7, 1-4. 6-7

Domingo 5 do Tpo. Ordinario - ciclo B


AS MANS DE XESÚS

Unhas mans foron capaces de transmitir confianza,
de expresar afecto, de ofrecer seguridade, de dar amor…

Mans abertas para agarimar, mans tendidas para socorrer
a quen se botaba ao bordo do camiño
incapaz de seguir a súa andaina,
mans acolledoras para curar os corpos lacerados
e os espíritos maltreitos,
mans traballadoras que tiran das redes,
mans dirixentes que marcan camiño
e estimulan a seguir adiante,
mans, en suma, que levaron á súa plenitude
a súa capacidade de actuar.

Que supuxeron na nosa andaina persoal
as mans de Xesús? 

Isabel Gómez-Acebo

No hay comentarios:

Publicar un comentario